Página 1 de 2

Recomendacións en galego (y comentarios)

Publicado: 22 Sep 2007 02:10
por gingko
LA SOMBRA DEL VIENTO
quem quer comentar?

HARUKI MURAKAMI quem ja leu?

Publicado: 22 Sep 2007 11:19
por G.A.
Ha muita gente que ja leu e mesmo comentou. Só tés que botar uma olhada ao forum, mais os comentarios están en espanhol :roll:

Publicado: 22 Sep 2007 12:10
por Prin
:meparto: :meparto: Vaya!

Recomendacións en galego

Publicado: 30 Dic 2008 00:26
por abraiado
Hola!

Como vexo que hai algúns internautas interesados na literatura galega, pero que non teñen demasiadas referencias, e sumandome á iniciativa que alguén apuntou máis arriba (noutro fio), deixovos eiquí a miña mini lista dos libros en galego que máis me gustan (a orde non ten máis aquel).

Novela:
-A Esmorga, Eduardo Branco Amor
-Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas
-Merlín e famila, Cunqueiro
-Á lus do candil, Anxel Fole
-Escola de menciñeiros, Cunqueiro

Poesía:
-Cantares galegos, Rosalia de Castro
-Follas Novas, Rosalia de Castro
-Sombra do aire na herba, Lois Pimentel
-Os eidos, Uxio Novoneira
-De catro a catro, Manuel Antonio

(E mirade que eu non son de poesía, pero en galego a cousa cambia, aí sae a potencia toda deste fermoso idioma!)

Dos libros publicados nos últimos anos:

-Males de Cabeza, Fran Alonso
-O club da calceta, María Reimondez

Traduccións:

-O mago de Oz, Frank Baum
-O vixía no centeo, J. D. Salinger

(Os dous están en Xerais e son, de verdade, excepcionais)


Espero que sirva de algunha axuda.

Aburiño!

Re: Recomendacións en galego

Publicado: 04 Ene 2009 18:16
por Goethe
Anda!! non vira eu este tema!

Pooois eu recomendaría dous de Castelao:

- Sempre en Galiza
- Cousas

Ámbolos dous xeniais, o primeiro, un ensaio, o segundo, un libro de contos e ilustracións que reflexan á perfección a sociedade da época :wink:

E así dos últimos anos... tenho un bo recordo de Anxos en tempos de chuvia de Miguel Vázquez Freire, aínda que o lin con 15 anos e non sei se agora o consideraría tan bo... :roll: :roll:

Un saúdo!!

Re: Recomendacións en galego (y comentarios)

Publicado: 04 Ene 2009 23:27
por Goethe
¿ por qué estan unidos estos temas ? :?

Re: Recomendacións en galego (y comentarios)

Publicado: 05 Ene 2009 03:00
por kithara
Boa noite!

leí sempre en galiza

pero Cousas, non o coñezo, podes dicirme de quen é?
pareceme un bon agasallo para min...

Re: Recomendacións en galego (y comentarios)

Publicado: 05 Ene 2009 11:08
por Goethe
De Castelao!! :wink:

Cousas é unha obra de Castelao, publicada en dúas partes (1926 e 1929), que é unha transcendente interpretación de Galicia, unha exploración da súa problemática socio-económica mediante o desfile de marxinados: anciás abandonadas, xentes sumidas na miseria, cegos...

A obra iníciase coa introdución "A carón da natureza", introdución que lle serve ao autor para manifestar que empregou a literatura como canle de expresión debido á necesidade de comunicar mensaxes que a pintura non pode expresar.

Cada cousa está composta por un texto e unha ilustración complementaria que acadan o fondo dramático dos sucesos desenvolvidos. O texto achega brevemente asuntos, polo xeral de ambiente labrego ou mariñeiro, de temática variada, sintéticos, comprimidos mediante unha técnica semellante á que Castelao emprega nos seus debuxos: trazos firmes e limpos que denotan o obxecto que se achega en primeiro plano, mentres que o resto da información é pura connotación, suxestión.

A fórmula empregada por Castelao nesta súa obra é moi orixinal, un novo xénero que supera a linde do exclusivamente literario para, coa axuda da imaxe, narrar acontecementos en que se ven inseridos diferentes personaxes cun coidado especialísimo da frase e da palabra, a cal acada por veces un inusitado lirismo. A cousa é a manifestación máis completa do estilo de Castelao, é en si mesma un estilema, pois está presente en toda a súa narrativa, ata o punto de podermos explicar a estrutura de Un ollo de vidro, Retrincos ou Os dous de sempre como unha compilación de cousas.


:wink:

p.d. SIgo dicindo que estos temas non deberían estar unidos :roll:

Re: Recomendacións en galego (y comentarios)

Publicado: 05 Ene 2009 19:56
por lucia
El título original del tema era comentarios de libros.

Re: Recomendacións en galego (y comentarios)

Publicado: 05 Ene 2009 20:09
por Goethe
Ya, pero es que los tres primeros mensajes no tienen nada que ver con los demás... :roll:

Re: Recomendacións en galego (y comentarios)

Publicado: 22 Feb 2009 02:18
por Minerva
Eu como quero tirar para casiña, no apartado de traduccións, apuntaría tamén os clásicos greco latinos en galego XD (que quereis, no puedo evitar tirar para lo mio).

Re: Recomendacións en galego (y comentarios)

Publicado: 13 Nov 2009 19:49
por lilit
Faláronme moi ben da última de María Reimóndez, Pirata; algún de vos tena xa lida.?Que opinades? Eu vou comprar o libro mañá.
Saúdos, :D

Re: Recomendacións en galego (y comentarios)

Publicado: 05 Dic 2009 14:45
por flor de loto
podeis poner lo que escribis en spolier?

que sino no entiendo :icon_no_tenteras:

Re: Recomendacións en galego (y comentarios)

Publicado: 06 Dic 2009 12:33
por lilit
OK :D
vale!

Re: Recomendacións en galego (y comentarios)

Publicado: 15 Mar 2010 20:14
por sergio,
lilit escribió:OK :D
vale!
:meparto: :meparto: