Galego

Dícese de los políglotas o practicantes de lenguas varias.

Moderador: Larús

Avatar de Usuario
Marbe
Lector ocasional
Mensajes: 21
Registrado: 05 Oct 2009 17:25
Ubicación: Galicia

Re: Galego

Mensaje por Marbe »

:hola: Outra galega que se apunta a isto de practicar o galego, que fai moitos anos que nin o falo, nin o leo nin o escribo. Polo tanto, disculpade os meus erros.
Os últimos libros que lín :?: foron para nenos e xuventude ("Quérote", "Tristes armas", "Conta saldada"...). O caso é que quería ler algún libro actual para adultos en galego pero non os atopo, e no Círculo de Lectores son mais caros ("Os libros arden mal")e saen mais tarde que en castelán
Se alguen pode recomendarme algún, ou un clásico da literatura galega que vos gustara especialmente (non teño perdón pero non lin ningún)
Moitas gracias por adiantado e perdón polas patadas ó galego :oops:
1
Avatar de Usuario
peoplespoet
Foroadicto
Mensajes: 4760
Registrado: 03 Mar 2006 13:07

Re: Galego

Mensaje por peoplespoet »

Perdoa a demora na resposta pero é que este fío non adoita ser moi activo. Se especificas un pouco máis o que che gostaría ler podería darche algunha idea: ¿novela, poesía, narracións breves? ¿contemporáneo, clásico? ¿algunha preferencia temática?

Apertas!
Acabado: A parte fácil de Ismael Ramos
Leyendo: Alguien camina sobre tu tumba de Mariana Enríquez y Entre lusco e fusco de Pilar Pallarés
Avatar de Usuario
Marbe
Lector ocasional
Mensajes: 21
Registrado: 05 Oct 2009 17:25
Ubicación: Galicia

Re: Galego

Mensaje por Marbe »

Hola de novo!
Pois sobre os meus gustos, prefiero novela ou narracións breves (a poesía non me gusta demasiado) e, en canto a contemporaneo ou clásico e a temática, danme igual. Algún que sexa ameno, que mais que nada é para ler algo en galego.
Moitas gracias por adiantado! E non hai presa, que teño ainda uns cantos pendentes (e as oposicións, que non se me olvide :P )
Un saúdo
1
Avatar de Usuario
peoplespoet
Foroadicto
Mensajes: 4760
Registrado: 03 Mar 2006 13:07

Re: Galego

Mensaje por peoplespoet »

Por soltar algunhas ideas:

Falando de clásicos, penso que unha das mellores novelas da literatura galega é A esmorga de Eduardo Blanco Amor, anque o adxectivo "ameno" non lle resulta moi acaído. É unha historia violenta e desagradable, pero como análise dunha realidade que era de seu violenta (e exercía distintas formas de violencia, incluindo a institucionalizada) resulta insuperable.

Outra obra clave é Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro, agrupación de relatos de inspiración popular e que combinan mitoloxías. Superficialmente son historias próximas ao realismo máxico, anque a interpretación en clave persoal do seu autor resulta fascinante.

Manuel Rivas é un escritor, dentro dos contemporáneos, moi asequible e que, dende o meu punto de vista, traballa mellor os relatos que as novelas, así que che recomendaría o que, ao meu entender, é o seu mellor libro de narracións breves, Que me queres, amor?

Se queres máis, sigo :wink:
Acabado: A parte fácil de Ismael Ramos
Leyendo: Alguien camina sobre tu tumba de Mariana Enríquez y Entre lusco e fusco de Pilar Pallarés
Avatar de Usuario
Goethe
No tengo vida social
Mensajes: 1235
Registrado: 26 Feb 2007 15:21
Ubicación: Galicia

Re: Galego

Mensaje por Goethe »

peoplespoet escribió: Manuel Rivas é un escritor, dentro dos contemporáneos, moi asequible e que, dende o meu punto de vista, traballa mellor os relatos que as novelas, así que che recomendaría o que, ao meu entender, é o seu mellor libro de narracións breves, Que me queres, amor?
Concordo totalmente, Que me queres amor, é um livro que mereçe mui muito a pena lêr... :wink:
Avatar de Usuario
Marbe
Lector ocasional
Mensajes: 21
Registrado: 05 Oct 2009 17:25
Ubicación: Galicia

Re: Galego

Mensaje por Marbe »

:hola:
Moitas gracias!! Pois entón empezarei por Que me queres, amor? , que ademais creo que o teño por casa.
Graciñas, saúdos
1
Avatar de Usuario
peoplespoet
Foroadicto
Mensajes: 4760
Registrado: 03 Mar 2006 13:07

Re: Galego

Mensaje por peoplespoet »

Non deixes de dicirnos que tal!
Acabado: A parte fácil de Ismael Ramos
Leyendo: Alguien camina sobre tu tumba de Mariana Enríquez y Entre lusco e fusco de Pilar Pallarés
lilit
No puedo vivir sin este foro
Mensajes: 742
Registrado: 07 Nov 2009 21:07
Ubicación: Compostela
Contactar:

Re: Galego

Mensaje por lilit »

Que hai? :hola:
Quero presentarme; son Lilit e gostaríame, de vez en cando, practicar un pouco de galego con todos vós: tendes que disculpar o meu pobre galego, non o falo a cotío e non escribo nunca ou case nunca en galego, polo que atoparedes algunha (ou moitas) faltas de ortografía aínda que procuro correxilas. Estou lendo Pirata, de María Reimóndez; xa o comentei noutro foro. Polo de agora non me está gostando moito, non logro engancharme pero quérolle darlle outra oportunidades así que seguirei lendo nel.
Saúdos e ata pronto,
1
Avatar de Usuario
Goethe
No tengo vida social
Mensajes: 1235
Registrado: 26 Feb 2007 15:21
Ubicación: Galicia

Re: Galego

Mensaje por Goethe »

Vaia.. non pensaba eu que fora estar tan morto este tema sobre literatura galega, unha mágoa!

Estades lendo algo ou tedes lido algo ultimamente de literatura galega?

Eu nos últimos meses relín Os dous de sempre de Castelao, lin Ollos de auga de Domingo Villar e Todo é silencio de Manolo Rivas... e de poesía estou lendo a obra completa de María Xosé Queizán, moi comprometida, feminista e xenial.

En breve queríame pór a ler algo de poesía de Pexegueiro... que polo pouco que teño lido está moi ben.

Saudiña!
Avatar de Usuario
Runita
La Fletcher
Mensajes: 46563
Registrado: 08 Nov 2007 00:47
Ubicación: Galicia

Re: Galego

Mensaje por Runita »

Imagen
Avatar de Usuario
Berenice
No tengo vida social
Mensajes: 1838
Registrado: 20 Mar 2006 00:01
Ubicación: en un libro

Re: Galego

Mensaje por Berenice »

Tan parado está que eu xa nin lembraba que existía este fío :oops: Bueno, que non se diga, a ver si entre todos lle damos un pouco de vidilla a isto :cunao:

Eu fai moitísimo que non leo nada en galego; recomendoume unha amiga "Os fillos do mar" pero non acabo de animarme porque mírono bastante parecido aos de Domingo Villar e a verdade é que "Ollos de auga" non me gustou nadiña. O Premio Blanco Amor "Cabalos e lobos" de Fran Lorenzo en cambio sí que me chama, ¿alguén leu algún deles?
1
Avatar de Usuario
peoplespoet
Foroadicto
Mensajes: 4760
Registrado: 03 Mar 2006 13:07

Re: Galego

Mensaje por peoplespoet »

Ola Berenice, chego cun mes de retraso pero é que eu tampouco paso moito por aquí, visto o pouco que se move o fío. Os fillos do mar ten boas críticas e parece que vendeu ben. Eu non o lin, non me chama moito, pero a unha amiga lectora que me parece bastante fiable gustoulle moito. Si lin Cabalos e lobos, pareceume unha boa novela. Se además es de Vigo ou coñeces a cidade pode resultarche interesante, xa que se recrea bastante na ambientación e concede protagonismo a algúns espazos.
Acabado: A parte fácil de Ismael Ramos
Leyendo: Alguien camina sobre tu tumba de Mariana Enríquez y Entre lusco e fusco de Pilar Pallarés
Avatar de Usuario
peoplespoet
Foroadicto
Mensajes: 4760
Registrado: 03 Mar 2006 13:07

Re: Galego

Mensaje por peoplespoet »

Día triste para a Literatura Galega, morreu Xosé Neira Vilas.
Acabado: A parte fácil de Ismael Ramos
Leyendo: Alguien camina sobre tu tumba de Mariana Enríquez y Entre lusco e fusco de Pilar Pallarés
Avatar de Usuario
RedSedna
No tengo vida social
Mensajes: 1505
Registrado: 19 Jun 2008 20:54
Ubicación: Mirando al mar

Re: Galego

Mensaje por RedSedna »

Qué mágoa!
Gran figura da cultura galega. Recordo con cariño a Balbino, Lelo e compañía. Dende aquela, teño pendente voltar á sua obra. Poida que este sexa o momento de paga-la débeda en forma de homenaxe
D.E.P.
Tu libertad para mover los brazos termina donde empieza mi nariz
Avatar de Usuario
prófugo
Melón
Mensajes: 5099
Registrado: 04 Nov 2011 04:37
Ubicación: En algún lugar de la Moncha

Re: Galego

Mensaje por prófugo »

Xa levo mais de 8 meses lonxe de Galicia e a morriña non deixa de persistir.

Qué ten esta terra que fainos sempre lembrarla con tanto afán?

Sen dúbida, cada día mais linda..cada día mellor e mellor..como dirían os Pimpinela :-)
Responder